InicioOccidentalCervoCervo promociona a exposición da fotógrafa local, Katy García, na feira de...

Cervo promociona a exposición da fotógrafa local, Katy García, na feira de Arte Contemporánea ARTIST 360º

O evento, que reúne a máis de 200 artistas de todo o mundo, celébrase dende o 23 ao 27 de febreiro. Todas as fotografías que forman parte da exposición foron tomadas en diferentes puntos do municipio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo apoia á fotógrafa local Katy García mediante á promoción da súa exposición “Monocromo del mar, el cielo y otros detalles” na feira de arte contemporáneo Artist 360º en Madrid.

No día de hoxe o alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro coa artista local para desexarlle sorte de cara á feira, que terá lugar dende o mércores 23 ata o domingo 27 de febreiro na capital.

Katy, natural de San Cibrao, presentará en Madrid un total de 12 obras, tomadas na súa totalidade nalgún punto do municipio. Segundo a artista estas fotografías son “un reflexo plástico da súa personalidade e a súa filosofía de vida”.

A Artist 360º é un evento de arte multidisciplinar contemporáneo, que atrae en cada edición a máis de 14.000 visitantes e na que participan máis de 200 artistas de diferentes países de todo o mundo.

O alcalde, Alfonso Villares, desexoulle moita sorte a Katy durante o evento e declara que “este é un exemplo máis da aposta decidida do Concello de Cervo polos artistas locais, ofrecéndolles a posibilidade de promocionar a súa actividade e apoiando os seus proxectos”.

Para a concelleira de cultura, Dolores García Caramés, “a cultura é un eixo moi importante da política do noso goberno, mantendo activas diferentes salas de exposicións e programando actividades de multitude de disciplinas os 365 días do ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...