InicioOccidentalCervoComezan as obras de subministración de auga a Trasbar, en Cervo

Comezan as obras de subministración de auga a Trasbar, en Cervo

O orzamento da obra supera os 133.000 euros. Nesta segunda fase do proxecto, que rematará coa distribución de auga a todo o núcleo de poboación, executaranse 2.300 metros de canalización.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo ven de iniciar as obras que van dotar dun sistema público de abastecemento de auga ao burgo de Trasbar, na parroquia de Castelo.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, xunto coa pedánea da zona, Marina Díaz, supervisaron as obras que se están levando a cabo na zona.

O proxecto, que consta de tres fases, ten por obxecto a dotación do subministro de auga potable ao núcleo de Trasbar, mediante a conexión coa rede xeral de auga existente. Nunha primeira fase, completouse a o tramo que vai desde A Senra ata a igrexa de Castelo; nesta segunda fase executarase a canalización do tramo que vai desde as inmediacións da igrexa ata a mesma entrada do burgo, cunha lonxitude de 2.300 metros; e a continuación levarase a cabo a terceira fase, e definitiva, que será a de distribución de auga.

Este proxecto segue a liña argumental do equipo de goberno de levar o abastecemento de auga e saneamento a todos os puntos da xeografía municipal, tentando equilibrar a balanza de condicións das zonas rurais coas urbanas. O orzamento da actuación ascende a un total de 133.020 euros.

Villares precisou que “levamos xa un tempo traballando conxuntamente na posta en marcha desta prestación para que os habitantes da zona rural de Trasbar podan acceder a este servizo público en condicións de calidade e seguridade”.

“Desde o noso equipo de goberno traballamos para chegar a todos os puntos da xeografía do noso municipio e tentar equilibrar o nivel de servizos das zonas rurais coas zonas máis urbanas” engadiu o rexedor.

Por último, o alcalde quixo apuntar que “estas inversións nas zonas rurais elevan o nivel de calidade de vida da veciñanza e poden servir de incentivo para moitas persoas que podan ter pensado establecerse no noso municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...