InicioOccidentalCervoCervo entregará composteiros a domicilio a partir deste luns previa solicitude

Cervo entregará composteiros a domicilio a partir deste luns previa solicitude

A solicitude destes composteiros deberá realizarse de maneira presencial na Casa do Concello para ser enviado a cada domicilio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo inicia, de novo, unha campaña para facer entrega de composteiros a domicilio. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentou este novo plan xunto cun dos técnicos municipais encargados de repartilos.

Estes contedores serven para que os propios veciños e veciñas sexan capaces de autoxestionar os seus residuos orgánicos, conseguindo un compost ou fertilizante natural de alta calidade para a súa terra e as súas plantas, ao tempo que reducen a xeración de lixo que iría ao contedor verde, contribuíndo así á protección medioambiental.

Os composteiros poderán solicitarse desde luns, 28 de febreiro, de xeito presencial no Concello de Cervo. Serán entregados a domicilio por empregados municipais, que explicarán o seu funcionamento á veciñanza.

Tal e como recorda Méndez “comezamos a desenvolver esta campaña aló polo ano 2010 e dende o Concello –engadiu- pretendemos cubrir todo o proceso deste programa que vai dende a entrega gratuíta dos composteiros, a formación e apoio aos usuarios na posta en marcha polos técnicos municipais do departamento, así como o posterior asesoramento e seguimento da utilización do recipiente, co fin de que a experiencia sexa gratificante en tódolos aspectos”.

A edil de medio ambiente recordou o éxito que está a ter a campaña de compostaxe doméstico, xa que a día de hoxe, “xa son máis de 200 as familias do noso Concello as que contan con este recipiente nos seus fogares e agardamos que se sigan sumando máis”.

Cabe recordar que o Concello de Cervo está incluído ademais en varios programas medioambientais como a Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade encamiñada á promoción de políticas locais para o uso sustentable dos recursos naturais e a preservación do patrimonio natural; a Rede Española de Cidades Polo Clima co compromiso de promover a reciclaxe, a redución de desperdicios e o fomento da reutilización; e a rede Construrock, froito dun convenio asinado a finais do pasado ano co Instituto Geológico y Minero de España para promover a realización conxunta de actuacións científico-técnicas en materia de xeoloxía, pedra natural e patrimonio arquitectónico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...