O Concello de Cervo, dentro do programa Coida Cervo, vai levar a cabo este vindeiro luns 14 de marzo unha actividade de voluntariado en conmemoración do Día Internacional da Acción polos Ríos. Nesta ocasión a actividade consiste en facer unha recollida de lixo pola contorna do río Xunco.
A actividade consistirá na recollida de lixo pola contorna do río Xunco o luns, 14 de marzo ás 12:00 horas, a reunión será Praza do Souto. Para participar hai que enviar un whatsapp ao 683 31 59 39.
O Concello subministrará todo o material necesario para poder realizar a acción voluntaria; mantendo e respectando sempre todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Coida Cervo é unha campaña de voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos, que ten como obxectivo poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna.