InicioOccidentalCervoDúas persoas feridas por saída dun vehículo da vía en Cervo

Dúas persoas feridas por saída dun vehículo da vía en Cervo

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar ao fío das 03,00 horas. A esa hora, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba á central de emerxencias da saída de vía dun turismo.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas a madrugada deste sábado despois de que o vehículo no que circulaban saísese da vía na parroquia de Rúa, no municipio lucense de Cervo.

Un dos ocupantes do turismo tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencia ao quedar atrapado no interior a causa do impacto.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar ao fío das 03,00 horas. A esa hora, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba á central de emerxencias da saída de vía dun turismo.

Con esta información, o CIAE-112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse os Bombeiros de Barreiros.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...