InicioOccidentalCervoCervo acomete obras de mellora e acondicionamento nun camiño do lugar de...

Cervo acomete obras de mellora e acondicionamento nun camiño do lugar de Abrigo, na parroquia de Rúa

Con esta actuación vaise incrementar a accesibilidade da veciñanza ás fincas localizadas neste núcleo de poboación. O orzamento da obra supera os 21.000 euros, financiados con fondos propios.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vai mellorar e acondicionar un camiño que transcorre polo núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa, que da acceso a diferentes fincas da zona. O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona onde se proxecta a actuación, xunto co pedáneo e veciños de Rúa, para proporcionarlles a información sobre a obra que se vai realizar nas vindeiras datas.

O proxecto contempla a ampliación do ancho do camiño, de maneira que se facilite o acceso ás fincas localizadas nesa zona. Levantarase, tamén, un muro de dique para a contención da estrada, de 25m de largo e 2,5m de ancho, e así estabilizar o noiro existente.

Levarase a cabo – tamén – unha pavimentación do vial mediante a extensión e compactación dunha capa de xabre. O orzamento desta execución elévase ata os 21.416 euros, que serán financiados con fondos propios.

O rexedor, Alfonso Villares, sinala que “esta actuación pretende mellorar a accesibilidade ás diferentes fincas que se atopan no núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa. Con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas e melloramos a accesibilidade dunha zona rural do noso municipio” apuntou o alcalde.

Por último engadiu que “desde o noso equipo de goberno traballamos a diario co obxectivo de equilibrar a balanza de servizos básicos entre as zonas urbanas e rurais, facilitando que para a nosa veciñanza sexa igual de atractivo vivir nun sitio que noutro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...