InicioOccidentalCervoCervo está ultimando as obras do saneamento de Vilastrofe na parroquia de...

Cervo está ultimando as obras do saneamento de Vilastrofe na parroquia de San Román

Tamén se efectúan as obras para unha planta de depuración de augas residuais.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo está a finalizar a obra que levará o saneamento, así como tamén unha planta de depuración de augas residuais, ao núcleo de Vilastrofe, na parroquia de San Román. Esta actuación, que se dividiu en dúas partes, foi iniciada a finais do ano 2021. Nestes momentos, estanse a dar os últimos pasos para rematar a execución da obra.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona de actuación xunto co pedáneo e veciños de San Román para comprobar, de primeira man, o avance das obras.

Con esta actuación vaise dotar ao núcleo de Vilastrofe de redes de saneamento de augas pluviais e fecais, substituír os tramos de canalizacións de abastecemento de auga potable existentes, así como tamén a execución dunha planta de depuración de augas residuais acorde ao tamaño do núcleo de poboación, e a súa posible expansión posterior.

Tamén se contempla a pavimentación de todo o ancho das vías afectadas, que desembocará na construción de cunetas transitables nos puntos onde sexa necesario.

O orzamento desta obra elévase a un total de 127.667 euros, financiados todos eles con fondos procedentes do remanente das arcas municipais.

Alfonso Villares: “Esta obra forma parte do conxunto de actuacións que levamos a cabo desde o noso equipo de goberno co obxectivo de dotar do máximo número de servizos básicos posibles aos núcleos de poboación rurais do noso municipio, tentando equilibrar así o nivel de convivencia coas zonas urbanas”.

“Con esta actuación imos incrementar o conxunto de infraestruturas básicas na parroquia de San Román, conseguindo unha mellora na calidade de vida para a veciñanza e facilitando as condicións a todos aqueles que se queiran instalar para vivir aquí”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...