InicioOccidentalCervoVolven os concertos da "Caixa de Música" a Cervo este domingo co...

Volven os concertos da “Caixa de Música” a Cervo este domingo co grupo “No Cómbaro”

O primeiro concerto deste ano 2022 correrá a cargo de “No Cómbaro” de As Pontes. A actuación terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30H na Praza do Souto de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos “A Caixa de Música” este domingo na Praza do Souto. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.

A actuación, que correrá a cargo do grupo “No Cómbaro” de As Pontes, terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30H na Praza do Souto de Cervo. O ciclo de concertos “A Caixa de Música” pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.

A Caixa de Música vai dirixida a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila. No mes de maio, en conmemoriación do Día das Letras Galegas, haberá, ademais, unha actuación especial.

Para a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, trátase “dun xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que programamos ao longo de todo o ano no noso Concello. Porén, tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música diversos e para todas as franxas de idade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...