InicioOccidentalCervoA XXIX edición da Festa do Ourizo deixa bo sabor de boca...

A XXIX edición da Festa do Ourizo deixa bo sabor de boca ao Concello de Cervo

Houbo unha gran afluencia de xente tanto nos locais hostaleiros como nas actividades musicais programadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo valora positivamente a celebración da XXXIX Festa do Ourizo de San Ciprián. Na xornada deste sábado os locais hostaleiros ofreceron tapas coas mellores receitas de ourizo, complementadas coas actuacións musicais de Festicultores Troupe, Louband Street Band e a orquestra Funçao Públika.

Tanto os bares coas tapas, como as actividades musicais programadas polo Concello tiveron unha gran asistencia ao longo de todo o día.

O alcalde Alfonso Villares celebra o éxito desta Festa de Interese Turístico Galego “que foi a primeira en ser suspendida alá polo 2020, e que agora volvemos a retomar, instaurando pouco a pouco á normalidade”.

Sinalou o rexedor que “a Festa do Ourizo é unha das datas marcadas en vermello no calendario turístico do noso Concello e agardamos que xa para o ano seguinte, en 2023 coa súa trixésima edición, podamos celebrar a Festa coa súa programación ao completo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...