InicioOccidentalCervoVisita da Delegación de Medio Ambiente de Cervo aos CEIPS polo Día...

Visita da Delegación de Medio Ambiente de Cervo aos CEIPS polo Día da Árbore

Os nenos e nenas dos colexios recibiron unha árbore autóctona para cada un e varios niños para colocar nas árbores dos xardíns dos colexios. Impartiuse unha charla para crear conciencia sobre a plantación e a conservación de árbores autóctonas.

Publicada o

- Advertisement -

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, visitou no día de hoxe os dous colexios de primaria, CEIP de Cervo e CEIP Península da Paz, con motivo da conmemoración do Día da Árbore.

Nesta visita foi acompañada do técnico de xardinería municipal, que fixo unha explicación aos nenos e nenas sobre a importancia de coidar as superficies arboradas e os beneficios que as árbores lle aportan á contorna: transformación de dióxido de carbono en osíxeno, minimizar os riscos de inundación, evitar a erosión, etc.

Por último, ofrecéuselles un pequeno agasallo en forma de árbore autóctona para que cada neno ou nena o levase para a casa e o puidera plantar. Entregóuselles, ademais, varios niños para colocar nas árbores do xardín do colexio, nos que van poder comprobar de primeira man como os paxaros aniñan ao longo da primavera.

Méndez subliñou “o valor de crear conciencia a estas idades e que vexan de primeira man a importancia de coidar o medio ambiente e a existencia de árbores autóctonas”.

“Foi satisfactorio ver como os nenos e nenas espertaban a súa curiosidade sobre temas medioambientais a través da gran cantidade de preguntas que formularon. Tratouse dunha xornada moi enriquecedora e divertida” engadiu a concelleira.

Para esta tarde esta prevista unha visita ao Centro de Día – Residencia de San Cibrao, na que se fará a plantación dunha árbore autóctona para celebrar este Día da Árbore.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...