InicioOccidentalCervoCervo entrega os premios dos concursos "Certame de amor na rede" e...

Cervo entrega os premios dos concursos “Certame de amor na rede” e “Versos de Rosalía”

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar estes premios, que incluían vales para gastar no comercio local, vales para intercambiar por ceas en locais hostaleiros do municipio ou produtos artesáns dos establecementos da vila, entre outros.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo ven de entregar os premios aos gañadores do “Certame de amor na rede”, polo día dos namorados, e “Versos de Rosalía”, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar estes premios, que incluían vales para gastar no comercio local, vales para intercambiar por ceas en locais hostaleiros do municipio ou produtos artesáns dos establecementos da vila, entre outros.

En total foron 28 os traballos presentados entre dos dous concursos.

No “Certame de amor na rede” os gañadores foron os seguintes:

Categoría: Menor de 18 anos

  • Premio á mellor foto: Helena
  • Premio ao mellor vídeo: Xoel Boullosa e Martín Boullosa
  • Premio ao traballo máis orixinal: Martín

Categoría: Maior de 18 anos

  • Premio ao mellor vídeo: Usuarios da Unidade Residencial de Cervo
  • Premio á mellor foto: Xolo
  • Premio á mellor carta: Pilar Rivera
  • Premio ao traballo máis orixinal CPRL Burela

No concurso “Día de Rosalía”:

Categoría Xuvenil

  • 1º Premio: Samuel Riera Basanta
  • 2º Premio: Xoel Boullosa Novoa
  • 3º Premio: Nuria Iglesias López e Jesús López Franco

Categoría Senior

  • 1º Premio:José Ángel Leiras García
  • 2º Premio: Antonio Pérez Fra
  • 3º Premio: Begoña López Silva e CPRL Burela
  • Premios especiais: Centro de Día – Residencia e Unidade Residencial de Cervo

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, quixo agradecer a gran participación que tiveron estes dous formatos de concursos na rede e felicitou a todos os participantes polos seus magníficos traballos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...