Cervo comeza as melloras no camiño que vai de Madriñán á intersección con Cruces na parroquia de Rúa

Con esta actuación vaise facilitar o tránsito peonil e de vehículos rodados. O orzamento da actuación ascende a máis de 75.000 euros, financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais.


O Concello de Cervo vai mellorar e acondicionar o camiño que transcorre entre Madriñán-Carreiros e a intersección co camiño a Cruces, na parroquia de Rúa. O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a concelleira de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona onde se proxecta a actuación xunto co pedáneo de Rúa, para proporcionarlle a información sobre a obra que se vai realizar nas vindeiras datas.

A actuación divídese en dúas partes. No primeiro tramo vaise asfaltar o camiño, creando primeiro unha capa de macadam e posteriormente aplicando un tratamento semiprofundo e un dobre tratamento superficial, mellorando a seguridade e protexendo a circulación dos vehículos. No segundo tramo executarase unha capa xabre e, ademais, colocaranse cinco tubos para mellorar o drenaxe ao longo do camiño.

O orzamento desta execución elévase ata os 75.777 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais. O rexedor, Alfonso Villares, argumenta que “con esta actuación vaise facilitar o tránsito, tanto de vehículos rodados como de peóns, ao longo deste camiño, que ten unha extensión de 1.724 metros”.

Apunta o alcalde que “con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas nesta zona rural da parroquia de Rúa, mellorando a calidade de vida deste núcleo de poboación” e remata sinalando que “este proxecto nace froito da comunicación que o noso equipo de goberno mantén coa veciñanza continuamente”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here