Clausurado en Cervo o Mes da Muller cun obradoiro sobre a importancia da muller na hitoria familiar

Neste obradoiro, os alumnos e alumnas do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz elaboraron uns murais que serán expostos, tanto nos propios centros, como tamén na Casa da Cultura e no Concello de Cervo


A tenente alcalde de Cervo , Dolores García Caramés, e a concelleira de Igualdade e Muller, Pilar Armada, clausuraron este xoves as actividades que foron programadas polo Concello de Cervo no mes da muller coa súa visita ao CEIP Península da Paz, onde se celebrou un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar.

Neste obradoiro, que se celebrou no CEIP de Cervo luns e martes, e mércores e xoves no CEIP Península da Paz, os alumnos e alumnas dos colexios elaboraron un mural onde materializaron a importancia das mulleres nas súas propias familias.

No taller impartido por Tarabela Creativa, os nenos e nenas, ademais de elaborar o mural, traballaron diferentes técnicas de narración oral e creación de relatos.

Estes murais estarán expostos proximamente, tanto nos centros de ensinanza, como nos principais edificios municipais, que son a Casa da Cultura e o Concello de Cervo, para que toda a veciñanza poda desfrutar destas magníficas obras.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here