InicioEconomíaO comité de empresa de Alcoa urxe revisar o estatuto para as...

O comité de empresa de Alcoa urxe revisar o estatuto para as empresas electrointensivas

José Antonio Zan valora o novo transformador para a planta como "é un investimento necesario e de futuro".

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo, aprema o Goberno central para que realice unha revisión do estatuto para as empresas e industrias electrointensivas. O presidente do comité, José Antonio Zan, apelou a que “é necesario” que nese novo texto “se amplíe ao máximo en canto a compensacións de CO2” que recomenda a Unión Europea.

“Isto querería dicir que se nos equipararía ao resto de países de Europa e, sobre todo, que esta axuda fora sempre garantida por parte do Goberno e non dependa dos orzamentos xerais do Estado, nin que co cambio de goberno esta axuda desapareza”, expresou.

“Isto fano todos os países de Europa e sería máis que beneficioso para a nosa industria porque lle daría unha garantía dun apoio económico sobre as peaxes que lle meten de custo”. “É unha garantía e un seguro para que todos os anos se quite esa peaxe”, sinalou.

Sobre o novo transformador para a planta que se comezará a construír en xullo, Zan valora que “é un investimento necesario e de futuro porque se estivo moitos anos pendentes de que os transformadores fallasen ou non fallasen”. Sinala que permitirá subir a potencia a 200.000 amperios e cun regulador de tensión que “é imprescindible”. A isto “seguirán as mesas de coada e o forno de cocción”.

Da comisión de seguimento do acordo sobre o parón das cubas ata 2024, José Antonio Zan asegurou que esta reunións mensuais “dan pouco de si”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...