InicioEconomíaNova reunión en Cervo entre apicultores e Concello para a redución dos...

Nova reunión en Cervo entre apicultores e Concello para a redución dos danos producidos pola velutina

Desde o ente municipal recomendan seguir o protocolo científico e estatal, que aconsella colocar as trampas ao pé das colmeas, co fin de protexer a biodiversidade da zona.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo segue a traballar a carón dos apicultores para reducir os danos provocados pola velutina. Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron un encontro cos apicultores no día de onte, 11 de abril, co obxectivo de chegar a un consenso en canto ás formas de actuación para mitigar os efectos da velutina.

A administración local leva entregando líquido atraínte para elaborar as trampas e así capturar as raíñas durante a primavera, posto que está comprobado que é a mellor época para facelo. Deste xeito inténtase que se materialicen o mínimo número de niños no termo municipal.

Desde o ente municipal recomendan seguir o protocolo científico e estatal, que aconsella colocar as trampas ao pé das colmeas, co fin de protexer a biodiversidade da zona.

O alcalde e a edil recordan que o Concello de Cervo estivo sempre en todo momento ao lado dos apicultores á hora de tentar frear a expansión da velutina, “de feito desde o ano 2017 entregamos con carácter periódico este líquido para que eles mesmos confeccionen as súas trampas; xa que, tal e como confirmaron é o que lles resulta eficiente para ir capturando as raíñas” a fin de tentar reducir a formación de niños neste tempo.

O rexedor sinalou que “o obxectivo desta reunión era o de coñecer as súas posturas e intercambiar información coa finalidade de facer unha loita contra a velutina máis efectiva”. Por último engadiu que “nas vindeiras datas farémoslles unha visita a todos os apicultores para levarlles o atraínte como nos anos anteriores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...