InicioOccidentalCervoCervo remata o programa 'Enredos' de Semana para nenos de entre 3...

Cervo remata o programa ‘Enredos’ de Semana para nenos de entre 3 e 11 anos

A concelleira de educación, Dolores García Caramés, que visitou os enredos no día de onte, amosouse “agradecida e satisfeita pola gran acollida que tivo este programa, que cada edición que realizamos aumenta as súas cifras de participación”.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo da por rematado o programa de enredos desta Semana Santa, que se celebrou esta semana desde luns a mércores. En total participaron 69 nenos e nenas, comprendidos entre os 3 e os 11 anos de idade, divididos por grupos entre infantil e primaria.

O luns realizaron diferentes xogos de presentación, ademais de xogos tradicionais. O martes foi a quenda para o taller de ovos de pascua, acorde a estas datas. Por último, este mércores, realizaron unha busca do tesouro.

Este programa ofrece unha alternativa lúdica aos máis pequenos da casa durante estas datas non lectivas, á vez que permite ás familias realizar conciliación familiar durante os tres días laborais desta semana.

A concelleira de educación, Dolores García Caramés, que visitou os enredos no día de onte, amosouse “agradecida e satisfeita pola gran acollida que tivo este programa, que cada edición que realizamos aumenta as súas cifras de participación”.

A edil quixo lembrar que “en Semana Santa facemos este programa durante tres días, pero en verán realizamos actividades en Enredos durante os meses de xullo e agosto”.

CONCERTOS

O ciclo de concertos A Caixa de Música continúa coa actuación do grupo “La Disquetera”, este 14 de abril na Praza do Souto ás 13:30H.

Tamén o ciclo O Son do Nordeste ofrecerá o concerto dos “Carunchos”. Será o vindeiro venres 15 de abril, ás 21:30H, na Praza dos Campos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...