InicioOccidentalCervoCervo recibirá a semana que vén o autobús de Coidados Porta a...

Cervo recibirá a semana que vén o autobús de Coidados Porta a Porta

Estará estacionado no Parque Reina Sofía os días 29 de abril, 2 e 3 de maio. Ofreceranse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para os maiores 55 anos de balde.

Publicada o

- Advertisement -

O autobús de Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia visitará o concello de Cervo a próxima semana. Os días 29 de abril, 2 e 3 de maio o autocar estará estacionado no Parque Reina Sofía.

O programa Porta a Porta é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para achegar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

O autobús ofrecerá, mediante cita previa, servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para os maiores de 55 anos.

O venres 29 de abril, ás 11h, haberá unha charla informativa no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, onde se resolverán todas as posibles dúbidas sobre o funcionamento deste programa.

Podoloxía: farase unha consulta básica, unha valoración xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, eliminación de calos, durezas e helomas.

Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.

A cita previa pódese pedir a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...