Un buzo perdeu o pé dereito mentres traballaba nunha piscifactoría do polígono de Cuíña en Cervo

Os feitos ocorreron ás 14:00 momento en que compañeiros do buzo deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.

Ambulancia do 061 (foto de arquivo). AXM

Un buzo que realizaba traballos de mantemento nunha piscifactoría en Cervo, sufriu un accidente laboral de gravidade o pasado venres día 22. Os feitos ocorreron cando o pé dereito do profesional foi succionado por unha bomba de desaugue, feito que ocasionou a amputación do pé, segundo informa o Sindicato de Buceo. Segundo o mesmo sindicato, a bomba de achique causante da perda da extremidade do buzo, “foi arrincada por alguén da planta de maneira neglixente”.

Os feitos ocorreron ás 14:00 momento en que compañeiros do buzo deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. Mentres tanto, os compañeiros retiraron ao ferido de gravidade a quen lle fixeron un torniquete de emerxencia. Tamén foron alertados o GES de Cervo, a Garda Civil e o 061.

O pé dereito do buzo sufriu unha sección case total. O ferido foi enviado ao Hospital Público da Mariña, non sen antes ser atendido no lugar polo persoal médico ante as fortes dores que sufría.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here