InicioOccidentalCervoO autobús de Coidados Porta a Porta estará en Cervo ata o...

O autobús de Coidados Porta a Porta estará en Cervo ata o día 3 de maio

Aínda se pode solicitar cita a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Publicada o

- Advertisement -

O autobús de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia estará estacionado no Parque Reina Sofía ata o vindeiro martes, día 3 de maio, para atender servizos de audioloxía, intelixencia emocional e podoloxía a maiores de 55 anos.

No día de hoxe a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, xunto coa concelleira de Sanidade, Mali Méndez, desprazáronse ata a localización para comprobar de primeira man a gran aceptación que está a ter este programa entre a veciñanza.

No tocante a podoloxía estanse a facer consultas básicas, valoracións xerais do pé, cortes e limpezas de unllas, eliminación de calos, durezas e helomas. En audioloxía levan a cabo valoracións e exploracións funcionais da audición e prevención da perda auditiva.

E no referente a intelixencia emocional estanse a realizar valoracións cognitivas para proporcionar pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habela. Armada quixo salientar “a gran aceptación que está a ter este programa por parte da veciñanza, que xa cubriu gran parte das citas dispoñibles durante os tres días”.

Aínda se pode solicitar cita a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...