InicioOccidentalCervoVisita do alumnado do CEIP Península da Paz de San Cibrao á...

Visita do alumnado do CEIP Península da Paz de San Cibrao á mostra de Quique Guerra en Sargadelos

O alumnado estivo acompañado polo edil de Turismo, David Rodríguez, que destacou “o incalculable valor do legado que nos deixou este artista, cervense de adopción, cunha ollada única capaz de transformar calquera materia nunha obra de arte”

Publicada o

- Advertisement -

Medio cento de escolares do Ceip Península da Paz visitou a exposición sobre a obra de Quique Guerra, nado en Mondoñedo e cervense de adopción, que acolle a sala de exposicións das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Os rapaces, de 4º, 5º e 6º de primaria, estiveron acompañados na visita polos seus docentes e polo edil de Turismo, David Rodríguez, que puxo en valor “o gran legado que nos deixou este artista tan vencellado ao noso municipio, que era quen de transformar calquera materia nunha auténtica obra de arte”.

O edil puxo como exemplo da pegada de Guerra no noso municipio “a escultura Os Sete Mares que se ergue como porta de entrada ao peirao de San Cibrao coa que quixo representar a través da pedra o abrupto do mar; e a través das cerámicas as ondas nas diferentes tonalidades”.

Rodríguez convidou ao alumnado a desfrutar de cada unha das pezas exclusivas e singulares que compoñen a mostra deste artista con evidente sensibilidade e paixón polo medio natural “e que son unha importante representación do talento que emanaba Quique Guerra e que tan xenerosamente compartiu con todos nós”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...