InicioOccidentalCervoCervo celebra as Letras Galegas con Roi Casal en concerto

Cervo celebra as Letras Galegas con Roi Casal en concerto

A cita que forma parte da xira “descubrindo a Habana galega” será o mesmo 17 de maio, ás 19:00 horas, na fábrica de cerámica de Sargadelos; a entrada é libre.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, en colaboración coas asociacións Airiños do Xunco e AA.MM.RR. As Espalladoras, programa unha completa axenda lúdica-cultural para todos os públicos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

O prato forte, tal e como sinalou o rexedor Alfonso Villares, será o concerto do músico, compositor e cantante, Roi Casal, que este mesmo mediodía se desprazou ata Cervo para presentar a actuación na Praza do Souto, en compañía do rexedor, da edil de Cultura, Dolores García Caramés e dunha representación da asociación Airiños do Xunco, que participa na organización dos diferentes actos. A cita que forma parte da xira “descubrindo a Habana galega” será o mesmo 17 de maio, ás 19:00 horas, na fábrica de cerámica de Sargadelos; a entrada é libre.

O espectáculo Son galego, Son cubano é un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

Ese mesmo día, 17 de maio, desde ás 13:00 horas, terá lugar na Praza do Souto a entrega de premios do concurso literario “Airiños do Xunco”, tamén está prevista unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista das Letras Galegas nesta edición; ademais da actuación do Grupo Cordenaia e do espectáculo infantil “Historia de Blancaflor”.

Como complemento a estes actos, o domingo 15 de maio, da man da AA.MM.RR. As Espalladoras, terá lugar a presentación das obras do escritor mariñán Tony Cazás “A la sombra de unha higuera” e “El verdugo de las almas perdidas”; será ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O rexedor, Alfonso Villares, quixo agradecerlle a Roi Casal a súa presencia esta mañá en Cervo e aproveitou a ocasión para animar á veciñanza e visitantes “a desfrutar do talento dun artista único que trae a Cervo, unha vez máis, un espectáculo de auténtico nivel que non deixará indiferente a ninguén, nesta ocasión nun escenario de excepción como é a fábrica de Sargadelos”.

Pola súa banda Caramés quixo agradecer a Airiños do Xunco e a AA.MM.RR. a súa implicación na programación desta axenda para o Día das Letras Galegas “que fan un traballo impagable contribuíndo a encher de vida cada recuncho do noso Concello”

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...