A Xunta concede un millón de euros a Alcoa para a “mellora da súa eficiencia enerxética”

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, sinalou que a directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, chamouno este venres para informar desta axuda, a cal cualifica de "boa noticia".

Factoría de Alcoa / GC

A Consellería de Economía acordou a concesión dunha axuda de 985.000 euros á planta de Alcoa San Cibrao, no municipio de Cervo, para a mellora da súa eficiencia enerxética. En concreto, a empresa investirá 3,4 millóns de euros na fundición e conformado de ánodos para a substitución do consumo de fuelóleo por gas natural co obxectivo de reducir en preto dun 3% o consumo inicial –o que supón máis de 4 millóns de kWh/ ao ano–.

O proxecto contempla a conexión co gasoduto, así como a instalación dunha estación de regulación e medida para facturación, tubaxe de distribución, ademais de elementos para regulación, control e supervisión tanto dos equipos de combustión como dos fornos de elaboración. De feito, trátase dun proxecto comprometido pola empresa no plan de investimentos acordado cos traballadores da factoría.

Respecto diso, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, sinalou que a directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, chamouno este venres para informar desta axuda, a cal cualifica de “boa noticia”. Agora, sinala que a compañía ten 103 millóns para investir nas instalacións, á vez que espera que somen máis apoios futuros.

Tal e como explicou a directora xeral, os apoios enmárcanse na liña da Xunta de Galicia destinada a impulsar proxectos de eficiencia e aforro enerxético tanto en pemes como en grandes empresas do sector industrial.

“Deste xeito, a Administración autonómica mostra o seu compromiso co mantemento da actividade industrial en Alcoa e a súa vontade de buscar solucións que permitan apoiar a industria electrointensiva e o mantemento do emprego nun momento de grandes dificultades“, sostén a Xunta nun comunicado.

CRÍTICAS AO GOBERNO

Uría achaca a imposibilidade de producir aluminio primario en España á falta de implicación do Goberno central, ao seu xuízo, por non dar respostas e activar mecanismos que permitan a esta industria contar cun marco enerxético estable.

Levamos moitos meses reclamando un marco enerxético estable que permita garantir ás empresas de Galicia un prezo eléctrico co que competir en igualdade de condicións co resto de países europeos“, indica a directora xeral de Planificación Enerxética.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here