A Asociación Camino del Mar realizou esta fin de semana a terceira etapa do Camiño do Mar, cuxo desenlace tivo lugar no Concello de Cervo, en concreto no Parque Reina Sofía, en San Cibrao.
O edil de Turismo, David Rodríguez, recibiu aos peregrinos ao seu paso por Sargadelos e tamén estivo con eles no fin de etapa en San Ciprián. O edil quixo felicitar á asociación por esta iniciativa “de poñer en valor e dar a coñecer o Camiño do Mar, un impulso importantísimo sen dúbida para Concellos como o noso, que nos permite dar a coñecer tamén os diferentes atractivos e potenciais turísticos e patrimoniais que atesoura Cervo”.
Desde o Concello brindamos toda a colaboración a esta iniciativa, “co deseño dun selo propio que os peregrinos estrearon esta fin de semana nas súas credenciais e que representa ao Faro Punta da Atalaia, como unha das iconas do municipio; ademais de facilitar o transporte entre etapas”.