InicioOccidentalCervoClausurada en Cervo a tempada de cursos da piscina olímpica municipal

Clausurada en Cervo a tempada de cursos da piscina olímpica municipal

A pesar da pandemia, a instalación municipal mantivo o número de socios/as que supera os 700; á marxe das 1860 persoas usuarias que acceden á piscina con abono

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo despide esta semana unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal tanto na modalidade infantil como de adultos. Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, que participou na entrega de diplomas, “contamos con máis de 160 cursillistas, entre nenos e adultos, unhas cifras a destacar tendo en conta que foi un ano de transición marcado aínda pola pandemia e polas restricións que trouxo apararelladas, que tamén definiron, en boa parte, o trascurso da tempada”.

Así, no caso dos cursos dirixidos ás crianzas, establecéronse dúas quendas “unha de outubro a febreiro e outra de febreiro a maio, para poder dar resposta á gran demanda existente, que se solventou con estes cursos intensivos”. En concreto, durante o curso asistiron ás clases 70 nenos e nenas e 96 adultos.

O concelleiro tamén destacou o volumen de socios e socias da piscina “que se mantén en cifras moi similares á época pre-covid, superando os 700”; a maiores dos 1860 usuarios e usuarias que utilizan a instalación de xeito regular utilizando abonos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...