A asociación SAÚDE MENTAL “A Mariña” celebra este 2 de xuño unha “festa de Sabores” no novo inmoble da entidade, sito na Praza do Souto, en Cervo.
O evento, que terá lugar na illa e na terraza do inmoble, se o tempo o permite, e senón no seu interior, comezará a partir das 16:30 horas, ao que acudirán 82 persoas. O evento reunirá por primeira vez dende o inicio da pandemia os usuarios dos dispositivos de Burela, Cervo e Ribadeo, así como os usuarios do novo dispositivo de Viveiro con técnicos da entidade.
Asimesmo, os usuarios da entidade poderán seguir dedicando libros de “A Súper_Acción de Mauricio” ós técnicos xa que a presentación do conto o pasado día 23 “superou as nosas expectativas en canto ó gran poder de convocatoria que tivo”.
O broche final poñerao o Presidente, Jorge Manchado, quen fará de contacontos ademais de mago “para que coñezamos a gran superación de Mauricio e manteñamos a ilusión de seguir creando”.
A asociación estará o próximo día 10 de Xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para participar no festival de proxectos da New European Bauhaus.