A Asociación Saúde Mental A Mariña celebra a “Festa de Sabores” en Cervo

A asociación estará o próximo día 10 de Xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para participar no festival de proxectos da New European Bauhaus.

Traballadores e usuarios do Centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña/María José Novoa

A asociación SAÚDE MENTAL “A Mariña” celebra este 2 de xuño unha “festa de Sabores” no novo inmoble da entidade, sito na Praza do Souto, en Cervo.

O evento, que terá lugar na illa e na terraza do inmoble, se o tempo o permite, e senón no seu interior, comezará a partir das 16:30 horas, ao que acudirán 82 persoas. O evento reunirá por primeira vez dende o inicio da pandemia os usuarios dos dispositivos de Burela, Cervo e Ribadeo, así como os usuarios do novo dispositivo de Viveiro con técnicos da entidade.

Asimesmo, os usuarios da entidade poderán seguir dedicando libros de “A Súper_Acción de Mauricio” ós técnicos xa que a presentación do conto o pasado día 23 “superou as nosas expectativas en canto ó gran poder de convocatoria que tivo”.

O broche final poñerao o Presidente, Jorge Manchado, quen fará de contacontos ademais de mago “para que coñezamos a gran superación de Mauricio e manteñamos a ilusión de seguir creando”.

A asociación estará o próximo día 10 de Xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para participar no festival de proxectos da New European Bauhaus.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here