InicioOccidentalCervoCurso de monitor de tempo libre en Cervo "para mellorar a empregabilidade...

Curso de monitor de tempo libre en Cervo “para mellorar a empregabilidade da xente nova”

A iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo V” e está dirixida á rapazada de entre 18 e 35 anos. A inscrición é de balde, o prazo remata o 18 de xuño e as prazas son limitadas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e de Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo V, dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos.

Tal e como apuntaron as concelleiras, o curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 18 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello. O curso comezará o 1 de xullo e prolongarase ata o 19 de agosto; será en horario de 9:00 a 15:00 horas. As prazas son limitadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...