InicioOccidentalCervoCervo realizará actividades de sensibilización medioambiental co alumnado dos centros educativos

Cervo realizará actividades de sensibilización medioambiental co alumnado dos centros educativos

Tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, "este mesmo luns fixemos unha saída de campo co alumnado de 1º da ESO do CEIP Península da Paz para os que deseñamos unha especie de xogo de sensibilización ambiental".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programa con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño, unha serie de actividades de sensibilización dirixidas á mocidade “para as que quixemos involucrar ao alumnado dos tres centros educativos do municipio”.

Así, tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, este mesmo luns fixemos unha saída de campo co alumnado de 1º da ESO do CEIP Península da Paz para os que deseñamos unha especie de xogo de sensibilización ambiental, distribuíndo refugallos pola contorna do Parque Reina Sofía que tiveron que localizar e identificar, para facer unha recollida selectiva de lixo “incidindo na importancia de separar os residuos e tamén de manter os espazos públicos libres de refugallos”.

Ademais, coa colaboración do alumnado do Taller de Emprego, o Concello de Cervo instalou máis de trinta placas pola zona do parque, do paseo da fábrica de salazón e da Ponte do Bao, que identifican ás especies arbóreas e arbustivas que se poden atopar no percorrido como poden ser árbores do ceo, árbore do ceo, moreira xaponesa, ou especies autóctonas como pradairos, abruñeiros ou sobeiras, entre outras.

Os primeiros en coñecer esta nova proposta municipal foron os rapaces que participaron nas actividades mediomabientais programadas para este luns.

Por outra banda, mañá martes, terá lugar unha charla no auditorio da Casa da Cultura, en colaboración con Coca-cola Europacific Partners e a asociación Chelonia, dirixida ao alumnado de primeiro e segundo de ESO do IES Marqués de Sargadelos “co obxectivo de chamar a atención sobre a dimensión da problemática do lixo mariño”.

A sesión teórica comezará ás 10:30 horas e a continuación o grupo fará unha actividade de recollida de lixo nas praias de Cubelas e A Caosa “a fin de sensibilizar sobre a importancia de reducir o impacto do lixo nos nosos mares e de mellorar o proceso de xestión de residuos en prol dunha economía circular”, precisaron Villares e Méndez.

Esta actividade tamén responde, ademais, ao Día Mundial dos Océanos que se celebra cada 8 de xuño. Xa o mércores, como peche da Semana do Medio Ambiente, está programada unha actividade de identificación de especies arbóreas na contorna do CEIP de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...