InicioOccidentalCervoCervo clausura a tempada das Escolas Deportivas Municipais cunha asistencia "record"

Cervo clausura a tempada das Escolas Deportivas Municipais cunha asistencia “record”

Este luns tivo lugar unha xornada de portas abertas de Ximnasia rítmica no pavillón da Veiga.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo despediu este luns unha “tempada de récord” das Escolas Deportivas Muncipais que contaron coa participación de máis dun cento de nenos e nenas nas modalidades de voleibol, patinaxe artística, ximnasia rítmica e multideporte.

Para clausurar a tempada, o Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou unha serie de eventos e actividades, para que nenos e nenas amosasen as habilidades adquiridas nestes meses.

Así, tivo lugar a clásica exhibición de patinaxe na que participaron unha vintena de mozas que amosaron no pavillón do CEIP de Cervo a súa destreza sobre os patíns; e tamén se programou o VI Torneo de Volei Concello de Cervo no que competiron o EDM Cervo, o A.D. Xiria Volei de Carballo e o Narón Volea, nas categorías alevín, cadete, xuvenil e sénior.

Este luns, desde as 16:30 horas, tivo lugar unha xornada de portas abertas de ximnasia rítmica no Pavillón da Veiga na que tamén participaron nenos e nenas que asistiron a multideporte. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, foi a encargada de entregar os diplomas, que ao mesmo tempo son un vale para recoller un agasallo que está xa dispoñible na Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...