InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa na Coruña e Avilés farán folga o 19...

Os obreiros de Alcoa na Coruña e Avilés farán folga o 19 e protestarán en Vegadeo

Os obreiros da planta coruñesa sairán de Ribadeo e os da asturiana de Castropol para atoparense na Veiga, onde se concentrarán na Praza do Concello

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa nas plantas da Coruña e Avilés, nas que a multinacional presentou un ERE de extinción, convocaron unha folga conxunta para o mércores 19 de decembro.

Ese mesmo día, os obreiros realizarán marchas a pé cara Vegadeo. Os traballadores da Coruña sairán desde Ribadeo ás 10.00 horas e os de Avilés farán o mesmo desde Castropol.

Ambas partes atoparanse na ponte da Veiga para seguir xuntos ata a Praza do Concello, onde se concentrarán sobre as 12.00 horas.

AXUDAS

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado a batería de medidas anunciada polo Goberno central para axudar ás empresas electrointensivas a manter a súa competitividade e cota de mercado fronte ao impacto do prezo da electricidade.

o goberno aprobou este venres medidas para axudar á industria electrointensiva, pero “son a seis meses e non temos tempo”, din os obreiros

Entre estas medidas atópanse a creación do Estatuto de Consumidor Electrointensivo e a figura da rede de distribución de enerxía eléctrica pechada.

PIDEN MEDIDAS “INMEDIATAS”

O presidente do comité de empresa da fábrica de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, advertiu de que as medidas adoptadas polo Goberno para protexer ás empresas electrointensivas fronte ao prezo da enerxía son “a seis meses” e as plantas sobre as que pesa o anuncio de peche “non teñen tanto tempo”.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...