InicioOccidentalViveiroO futuro da economía circula en Galicia a debate en Cervo na...

O futuro da economía circula en Galicia a debate en Cervo na II Reunión do Foro Galego Local

O alcalde de Cervo e vicepresidente primeiro da Fegamp foi o encargado de inaugurar, xunto coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, a II reunión do Foro Galego Local de Economía Circular “FOGALEC”, que tivo lugar este luns na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo e vicepresidente primeiro da Fegamp foi o encargado de inaugurar, xunto coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, a II reunión do Foro Galego Local de Economía Circular “FOGALEC”, que tivo lugar este luns na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O encontro, que se desenvolveu durante toda a mañá, está dirixido a aquelas persoas que desenvolvan o seu labor técnico ou político nunha área con responsabilidades sobre a xestión de residuos dunha entidade local galega.

Na súa intervención, Villares, destacou o fondo compromiso das entidades locais á hora de dar cumprimento aos obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030; “especialmente sensibilizados para tentar dar resposta a unha emerxencia global que é unha auténtica carreira contrarreloxo”.

Neste senso, o alcalde, fixo especial fincapé nas dificultades que “nos atopamos en Galicia con este trazado xenérico, con dúas pendentes ben definidas: a dispersión poboacional e a xeografía”.

Con todo, engadiu, en canto a xeración de refugallos se refire, somos a sexta comunidade en cantidade con 423 quilos/habitante/ano; cifras -por suposto- que debemos e podemos mellorar co compromiso de todos e todas.

En materia municipal, Villares afondou “nos considerables esforzos que a nova Lei de Residuos e Solos Contaminados, xa en vigor, vai traer para moitos concellos galegos, tamén en materia de planificación”.

Tamén destacou a “tremenda problemática dos plásticos”, que en 2020 representaban o 76% dos residuos das praias galegas. O rexedor e vicepresidente primeiro da Fegamp puxo en valor o FOGALEC; agardando que os presentes aproveitasen “este espazo intercambio e recollida de ideas e experiencias”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...