InicioOccidentalCervoFesta de San Xoán en San Cibrao cunha representación a cargo da...

Festa de San Xoán en San Cibrao cunha representación a cargo da Asociación A Rebolaxe

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo colabora na festa de San Xoán en San Cibrao. Nesta cita haberá moita música, bocadillos de panceta, salchichas e chourizos asados e, por suposto, unha gran fogueira.

O xoves 23, ás 19:30 horas, está prevista a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona; e ás 00:00 tocará a banda local The Lazy Bones. O venres 24 haberá sesión vermú con “mi rollo es el rock”, ás 13:00 horas. Ademais, sortearase unha pandeireta.

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...