InicioOccidentalCervoCervo renova a cuberta do local social de Riocobo de cara a...

Cervo renova a cuberta do local social de Riocobo de cara a que se instalen novas iniciativas neste espazo

O orzamento desta execución elévase ata os 48.350 euros, que estarán financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais, “froito da xestión rigorosa que se está a facer das contas públicas”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, achegáronse ata a zona xunto para reunirse co pedáneo de Riocobo, Antonio Gallego, e proporcionarlle a información sobre o avance das obras que xa están en marcha.

O proxecto contempla a substitución da cuberta existente do Club Social de Riocobo, así como a colocación dun canalón perimetral e as baixantes necesarias para a correcta evacuación e funcionamento do mesmo.

O orzamento desta execución elévase ata os 48.350 euros, que estarán financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais, “froito da xestión rigorosa que se está a facer das contas públicas”.

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “coa renovación da cuberta desta instalación estamos a acondicionar un local, cedido pola asociación de veciños de Riocobo, que ten como fin promover o establecemento de futuras iniciativas emprendedoras”.

Esta actuación -engadiu- vai en consonancia coa liña do noso equipo de goberno de rehabilitar espazos para promover que os emprendedores locais “podan materializar as súas iniciativas a un custo reducido, como xa fixemos satisfactoriamente cos negocios establecidos nestes últimos anos no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...