InicioOccidentalCervoOs socialistas de Cervo piden elaborar uns orzamentos para 2022 e non...

Os socialistas de Cervo piden elaborar uns orzamentos para 2022 e non seguir cos prorrogados de 2021

Francisco Mon dixo que o alcalde compromete "obras no momento que mais rédito electoral lle pode sacar, e non cando o necesitan os cidadáns”.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Cervo criticou hoxe a nula capacidade de gobernar do alcalde e todo o seu goberno, despois da sesión plenaria na que novamente se incluiron modificacións aos orzamentos prorrogados do ano pasado, actualmente en vigor.

O voceiro socialista, Francisco Mon dixo que “a pesar de que o equipo de goberno do PP ten maioría absoluta, así como diversos cargos de confianza en nómina, é absolutamente incapaz de elaborar un orzamento para o ano 2022. E isto só se pode deber a absoluta incompetencia da propia Alcaldía, xa que esta máis preocupado de promoverse politicamente que en xestionar os intereses do Concello e da súa veciñanza”, replicou.

Mon advertiu que o Alcalde “esta máis ocupado en saír na foto para gañar protagonismo electoral, que en resolver os problemas dos veciños e das veciñas de Cervo”. E proseguiu coas súas criticas “non se entende como uns orzamentos onde o 80 % dos gastos xa están comprometidos, cun plan de ingresos e gastos sen ter ningún tipo de modificacións fiscais, sufra este tipo de retraso. Temos un equipo de goberno que presume de boa xestión, pero comprobamos que é incapaz de elaborar un dos documentos económicos máis importantes do Concello”, remarcou.

Mon denuncia ademais que o Goberno do PP de Cervo “non ten proxectos nin iniciativas novas para os sectores estratéxicos da vila como son o turismo, o pequeno comercio, os autónomos ou para o sector da hostalaría. E seguindo coa liña dos responsables do PP na Xunta, tampouco conta cun proxecto industrial que conleve novas inversións no noso Concello e na Comarca”, dixo.

GASTO DE REMANENTES

Nesta sesión plenaria o PP vén de aprobar novos créditos contra os remanentes “que hai que recordar que proveñen da falta de execución realizada de exercicios pasados”, e que foron acumulados a base de non gastar nas prioridades básicas do Concello como son o emprego, os servicios sociais, a inversión en limpeza e mantemento, etc., que necesita o Concello e tódolos veciños. “E agora seguindo co seu modelo político caduco e ás portas de ano electoral apúrase a facer e comprometer obras no momento que mais rédito electoral lle pode sacar, e non cando o necesitan os cidadáns”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...