InicioOccidentalCervoA piscina de Rio Cobo, en Cervo, abrirá este venres día 1...

A piscina de Rio Cobo, en Cervo, abrirá este venres día 1 de xullo

Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio de cara a unha tempada estival “con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abrirá este venres, 1 de xullo, a piscina de Río Cobo. Así o anunciaron este xoves o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado pola tenente-alcalde, Dolores García Caramés e polo edil de Deportes, David Rodríguez, supervisou os traballos de mantemento e acondicionamento que se levaron a cabo durante estes meses pasados para que a veciñanza poida desfrutar dela neste verán.

Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio de cara a unha tempada estival “con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”. A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.

Os traballos de acondicionamento da piscina veñen sumarse aos que recentemente se executaron no local social de Río Cobo, no que se procedeu á substitución da cuberta, e á instalación dun canalón perimetral e as baixantes necesarias para a correcta evacuación e funcionamento do mesmo. O orzamento da cuberta elevouse ata os 48.350 euros, financiados integramente polo remanente das arcas municipais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...