IniciosociedadeA UMAR desprazarase o 12 de xullo a Cervo para reclamar máis...

A UMAR desprazarase o 12 de xullo a Cervo para reclamar máis médicos de familia e cobertura de vacantes

A situación sanitaria no Concello de Cervo "é alarmante ao ficar desde hai un tempo con dúas facultativas para todo o concello, unha ubicada no centro de saúde de San Cibrao e a outra no consultorio de Cervo".

Publicada o

- Advertisement -

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase o vindeiro martes 12 de xullo ao consultorio de Cervo no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Redactaranse reclamacións colectivas para demandar a presencialidade da médica de familia de Cervo todos os días e a cobertura das dúas prazas que quedaron vacantes no centro de saúde de San Cibrao.

A situación sanitaria no Concello de Cervo “é alarmante ao ficar desde hai un tempo con dúas facultativas para todo o concello, unha ubicada no centro de saúde de San Cibrao e a outra no consultorio de Cervo”. Este déficit de profesionais vense dando dende hai anos, pola xubilación dunha das facultativas e agravada por unha segunda xubilación hai uns meses, din desde a UMAR. Estas dúas vacantes sen substituír en san Cibrao repercuten directamente na presencialidade continua no consultorio de Cervo, pola decisión da Xerencia de desplazala a San Cibrao dous días á semana. Así se anunciou cun cartaz no consultorio de Cervo, sen dar máis explicacións que “ durante xullo e agosto este centro estará sen médica os martes e venres “ e que as urxencias cando falte a titular “ atenderanse no centro de saúde de San Cibrao”.

Desde o colectivo sanitario “animamos a veciños e veciñas a que acudan o martes 12 de xullo ao consultorio de Cervo para facer efectiva a súa reclamación”, solicitarán a presencia da facultativa todos os días en Cervo e substitución das dúas prazas vacantes no centro de Saúde de San Cibrao. Segundo explica a coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro, “non podemos consentir que a Xerencia e o Sergas se burlen deste xeito dun concello que queda con dúas facultativas durante xullo e agosto , nun concello de máis de catro mil habitantes ,que duplicará a súa poboación en verán”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...