O sexto número da ‘Gaceta Ribadense’ xa está na rúa para a festa do Ribadeo Indiano

A Gaceta Ribadense comeza a distribuírse polas rúas de Ribadeo este xoves 7 de xullo. O xornal, ademais do amplísimo programa de actividades das que se poderá gozar no VII Ribadeo Indiano do 8 ao 10 de xullo,


Xa está na rúa o sexto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes.

Tras dous anos sen celebrarse debido a terrible pandemia que nos azoutou en 2020 e 2021, o Ribadeo Indiano reaparece ao grande na súa sétima edición, que está dedicada á muller. Ao mesmo tempo, reaparece a Gaceta Ribadense, o xornal desta festividade, con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.

A Gaceta Ribadense comeza a distribuírse polas rúas de Ribadeo este xoves 7 de xullo. O xornal, ademais do amplísimo programa de actividades das que se poderá gozar no VII Ribadeo Indiano do 8 ao 10 de xullo, conta con escritos elaborados especialmente para esta gaceta por Carlos Álvarez Lebredo, Celia Castro, Farruco Graña, Francisco Bonete, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Carmen Cruzado.

Ao igual que no Ribadeo Indiano, na Gaceta Ribadense teñen gran protagonismo as mulleres, con textos dedicados á directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rodríguez Cancelo, e á responsable da biblioteca municipal El Viejo Pancho, María Jesús Rañón Ríos.

E, como en números anteriores do xornal, neste tamén se inclúe unha sección dedicada a fotografías da anterior edición do Ribadeo Indiano, na que se pode ver tanto a ribadenses coma visitantes participar nesta celebración en 2019.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here