InicioOccidentalCervoO II Trail de Sargadelos, en Cervo, celebrarase o 24 de xullo

O II Trail de Sargadelos, en Cervo, celebrarase o 24 de xullo

O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular "e permitirá aos e ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos", tal e como apuntaron desde a organización.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo será o escenario do II Trail de Sargadelos o domingo 24 de xullo. A Cita, que se completa cunha andaina, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local.

O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular “e permitirá aos e ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos”, tal e como apuntaron desde a organización.

A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.

A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas. A inscrición para as dúas modalidades permanecerá aberta ata o mércores 20 de xullo en:

https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...