InicioOccidentalCervoA primeira pista de atletismo homologada da Mariña estará en Cervo

A primeira pista de atletismo homologada da Mariña estará en Cervo

O Consello da Xunta autorizou o acordo polo que se levarán a cabo as obras de rehabilitación do complexo deportivo da Veiga para convertelo nun centro de referencia deportiva na contorna da Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta vén de aprobar o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cervo, para a renovación das pistas de atletismo das instalacións deportivas da Veiga cun investimento total de 560.000 euros. Neste sentido e a tenor do acordo autorizado, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 62,5% da totalidade do importe (350.000 euros), mentres que o Concello de Cervo achegará o restante 37,5% (210.000,00 euros). Cómpre salientar que grazas a esta actuación Galicia contará coa primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña.

As obras contarán con tres vías de actuación que serán as obras de renovación completa da pavimentación da pista con material sintético homologado prefabricado para exteriores, a mellora da rede de saneamento e a evacuación de augas e a instalación de salto de pértega, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitude e triplo salto e lanzamento de peso.

As instalacións deportivas da Veiga, ademais das nomeadas pistas, contan cun pavillón polideportivo e destacan pola idoneidade da súa localización xa que non dista máis de 20 minutos da metade da poboación de toda a Mariña, que suma, no seu total 70.000 habitantes.

Nesta nova infraestrutura teñen moito que ver os recentes éxitos do atleta viveirense Adrián Ben, que acadou un diploma olímpico nos 800 metros dos pasados Xogos de Toquio, onde rematou en quinta posición. Ademais, a Xunta de Galicia continua coa súa aposta decidida pola renovación do mapa de infraestruturas de atletismo de Galicia na que destaca a renovación da pista de atletismo da USC (Santiago); a licitación do módulo cuberto de atletismo en Ribeira; o compromiso da nova pista da Estrada; e a adxudicación do módulo cuberto do IFEVI en Vigo e a participación na renovación das pistas de Balaídos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...