Cervo acondiciona un camiño rural na parroquia de Rúa para facilitar o acceso a parcelas na contorna

O proxecto contempla a reparación da capa de rodadura do camiño coa fin de facilitar a accesibilidade ás parcelas establecidas nesa zona.


O Concello de Cervo está a acondicionar o camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, na parroquia de Rúa. O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona, onde na compañía do pedáneo Ramón Alemparte, supervisaron os traballos que se están a executar xa na zona.

O proxecto contempla a reparación da capa de rodadura do camiño coa fin de facilitar a accesibilidade ás parcelas establecidas nesa zona. Realizarase – tamén – a apertura de cunetas para favorecer a drenaxe e a evacuación das augas pluviais do camiño, farase unha limpeza manual dos caños existentes e, por último, executaranse uns pasos de salva para dar acceso ás parcelas ás que da acceso o camiño.

O orzamento desta execución elévase ata os 47.742 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.

Apunta o alcalde, Alfonso Villares que “esta actuación vai mellorar a accesibilidade no camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, favorecendo o paso para os veciños e veciñas ás parcelas situadas na súa contorna”.

Con esta obra –engade o rexedor- melloramos as infraestruturas nesta zona, reforzando as dotacións públicas no rural do noso municipio, que sempre ocupa un lugar preeminente dentro das liñas de actuación deste goberno “co obxectivo de equilibrar a balanza de servizos básicos entre as zonas rurais e urbanas, facilitando que para a nosa veciñanza sexa igual de atractivo vivir nun sitio que noutro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here