InicioOccidentalCervoKing África será o patro forte no regreso do regreso do Festival...

King África será o patro forte no regreso do regreso do Festival de Sargadelos

O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina, que partirán ás 9:00 horas e ás 9:30 horas, respectivamente.

Publicada o

- Advertisement -

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e Dolores García Caramés, respectivamente, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.

O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina, que partirán ás 9:00 horas e ás 9:30 horas, respectivamente. Está aberta a inscrición no enlace https://ccnorte.com/…/id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022.

A continuación, todas as persoas visitantes poderán degustar espetadas mouras no campo da festa; e xa pola tarde, desde as 18:00 horas, dará comezo o festival propiamente dito da man de XMaseda65, para seguir con @cachas & cousins, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Gin Toni´s e rematar coa guinda do pastel: King África. A continuación amenizará a Disco Móvil Conxuro.

Xa na xornada do luns, a sesión vermú correrá a cargo do grupo JB Son.  Villares quixo felicitar “a este grupo de mozos polo esforzo realizado para sacar adiante este festival que se fusiona á perfección coa contorna excepcional de Sargadelos no que se desenvolve; e convidou a veciños e visitantes a desfrutar dunha fin de semana única repleta de actividades para desfrutar en familia en con amigos”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...