O alcalde de Cervo sinala que “o Goberno abre o camiño legal para eliminar o servizo ferroviario”

Alfonso Villares sinala como contraditorio "que se fale de apostar polo rural e de frear a despoboación das aldeas, cando se está plantexando a supresión de servizos fundamentais para a vertebración de zonas como a nosa".

Alfonso Villares, alcalde de Cervo. AXM

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa preocupación ante a actitude que está a tomar o Goberno central con respecto á liña ferroviaria de ancho métrico da Mariña “que ano tras ano se vai devaluando sen que tome medidas para evitalo”.

Polo contrario, Villares engadiu logo dunha reunión de alcaldes co sindicato CCOO: “os representantes de CCOO amosaron a súa precupación porque o que se contempla é o instrumento legal para a posible eliminación definitiva do servizo, tal e como se recolle na disposición transitoria terceira da Lei de Mobilidade Sostible”; que considera a posibilidade de suprimir aqueles servizos públicos que non resulten rendibles.

Villares sinala como contraditorio “que se fale de apostar polo rural e de frear a despoboación das aldeas; cando se está plantexando a supresión de servizos fundamentais para a vertebración de zonas como a nosa”.

O asunto foi abordado nunha reunión á que CCOO convocou aos diferentes mandatarios da Comarca, na que deron conta do abandono ao que o Goberno do Estado ten sometida a Comarca. Villares recorda que desde que se fundou a Plataforma en Defensa do Ferrocarril aló polo 2017 non houbo ano no que non se perderan servizos, “quendando, polo tanto, todas as reivindicacións feitas por esta plataforma gardadas no caixón do Goberno central”.

“O que queremos e esperamos -engadiu Villares-, e que o Goberno recapacite e suprima ese artigo que vai directamente contra A Mariña, e que o futuro do servizo do ferrocarril na comarca tome outro camiño completamente oposto; o da remodelación e a modernización como medio vertebrador da nosa Comarca, das nosas vilas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here