InicioOccidentalCervoCervo acollerá a III Regata da Copa Deputación de Piragüismo que se...

Cervo acollerá a III Regata da Copa Deputación de Piragüismo que se celebrará no encoro de Río Cobo

A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán Gómez, que tamén competirá este sábado, presentaron o evento deportivo no escenario onde se desenvolverá que arrincará ás 10:00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 23 de xullo, a III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo.

A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán Gómez, que tamén competirá este sábado, presentaron o evento deportivo no escenario onde se desenvolverá que arrincará ás 10:00 horas; e no que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.

Caramés e Rodríguez desexáronlle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 27 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...