InicioSucesosMorre un home de 49 anos ao chocar o seu coche contra...

Morre un home de 49 anos ao chocar o seu coche contra un camión en Cervo

Ata o lugar enviáronse dúas ambulancias de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, así como persoal sanitario.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 49 anos, FJMF, faleceu na mañá deste venres ao chocar o seu coche contra un camión na estrada N-642, quilómetro 52, ao seu paso polo municipio de Cervo.

Segundo informa o 061 a Europa Press, ata o lugar enviáronse dúas ambulancias de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, así como persoal sanitario.

O 112 Galicia explica que o sinistro se produciu ás 8,00 horas. Varios particulares que avisaron do accidente indicaban que o condutor do camión puidera saír do vehículo polos seus propios medios. Con todo, a persoa que circulaba no turismo estaba atrapada.

Entre outros, foron avisados GES de Cervo, Bombeiros de Viveiro, Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...