Cervo celebrará esta fin de semana o Festival Folkclórico e Infantil en San Cibrao

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.


A cita dará comezo o sábado 30 de xullo, a partir das 20:30 horas, coas actuacións do O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Nacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, esta próxima fin de semana, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Así, o sábado 30 terá lugar o Festival Nacional que arrincará ás 20:30 horas coa participación dos grupos Ximelga la Saya (Avilés), a Asociación Coros y Danzas Fermento (Valdepeñas, Ciudad Real) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.

Xa o domingo 31 será a quenda dos máis pequenos e pequenas; a partir das 19:00h actuarán os grupos: Asociación Cultural Amado Lar, o Grupo Folklórico Pindusa, o Grupo Folklórico Ledaiña e rematará a sección infantil do Grupo Organizador, Mistura.

O domingo haberá ademais venta de bolos preñados e empanada, así como o sorteo de unha espectacular cesta elaborada con produtos doados polos comerciantes da zona.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.

Villares aplaudiu así o seu labor e a súa vontade de “volver compartir con todos nós o seu talento, logo de dous anos de pandemia moi duros en todos os aspectos que nos obrigaron a facer un gran paréntese tamén na faceta cultural”.

Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here