O II Trail de Sargadelos e a Andaina reúnen máis de 150 participantes en Cervo

O percorrido marcado percorreu por sendeiros e tramos de monte como o Paseo dos Namorados, o Camiño Real e a Ruta dos Muíños son varias das localizacións por onde discorreu a carreira de 11 km de lonxitude.


A asociación Amigos da Troula agradeceu aos 160 participantes que se sumaron este domingo ao II Trail de Sargadelos e á Andaina.  Tamén agradeceu o labor feito por todas as persoas voluntarias que axudaron na celebración do Festival de Sargadelos con gran éxito, “tal e como constata a afluencia de público que tivemos durante os concertos programados, nas sesións vermús, na foliada tradicional e tamén aos que degustaron as nosas espetadas mouras que ofrecemos no campos da festa”.

O podio da competición quedou da seguinte madeira:

Categoría masculina

1º Jonathan Fernández. De Pasa ou Entorna de Narón. Cun tempo de 45´18

2º David Pérez. De La Cerezal Team de Aller.

3º Bruno Deltorio . De Torrevertical V+ de Villar del Arzobispo

Categoría Feminina

1ª Carla Trillo. De Peña Lar Trail de Burela cun tempo de 57´03

2ª Romina Reimondo. De Trabada

3ª Tania García. Do Club Monteperarubia de Lugo.

O percorrido marcado percorreu por sendeiros e tramos de monte como o Paseo dos Namorados, o Camiño Real e a Ruta dos Muíños son varias das localizacións por onde discorreu a carreira de 11 km de lonxitude.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here