IniciosociedadeO Goberno tranquiliza ante a festa da Maruxaina; a taxa de criminalidade...

O Goberno tranquiliza ante a festa da Maruxaina; a taxa de criminalidade de Cervo é inferior á media

O Goberno central ofrece "total colaboración" a Cervo para garantir a seguridade na Maruxaina

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ofreceu este luns ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “total colaboración” e todo o apoio necesario das forzas de seguridade para garantir o éxito das festas da Maruxaina. Así o sinalou Rodríguez durante a Xunta Local de Seguridade levada a cabo esta mañá, que foi presidida pola propia subdelegada do Executivo e polo rexedor e na cal participaron, entre outros, mandos da Garda Civil, da Policía Local e da Policía Autonómica, que analizaron o dispositivo de seguridade previsto para a festa, tendo en conta os horarios e os lugares nos que se espera maior afluencia de público.

Na reunión tamén se estudou, ademais, a evolución da seguridade cidadá no Concello lucense e fíxose un balance dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade no municipio.

Rodríguez destacou a “positiva tendencia” que reflicten as estatísticas da Garda Civil, informando de que a taxa de criminalidade da localidade, cun 10,73 por mil habitantes, é “moi inferior” á media da provincia, de Galicia e de España. En concreto, durante todo 2021 rexistráronse 45 infraccións penais, un 25% menos que os delitos contabilizados no ano previo á pandemia (2019), con 60.

Sobre violencia de xénero, Rodríguez informou do grave problema social que supón esta secuela, pero reivindicou que a evolución tamén é favorable, xa que nin o ano pasado nin nos sete primeiros meses de 2022 se produciu ningunha denuncia por este tipo de delitos en Cervo.

Todo iso despois de que nas festas da Maruxaina de 2019 se fixeron gravacións de mulleres ouriñando na rúa, que foron subidas a páxinas de contido pornográfico sen consentimento das vítimas. A investigación, que leva un xulgado de Viveiro, continúa. Quedan por comparecer unhas 20 do máis dun cento de mulleres que aparecen nestes vídeos, que xa foron eliminados de Internet.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...