Cervo pon en marcha un curso gratuíto de monitor de tempo libre

Está orientado a persoas de entre 18 e 35 anos.

Casa do Concello de Cervo

Oportunidade para formarse na Mariña. O Concello de Cervo ten en marcha este verán un curso de monitor de tempo libre gratuíto que se enmarca no programa Avívate en Cervo V, dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos.

O curso formativo, canalizado a través das delegacións de Xuventude e de Educación, conta neste momento con 15 mozos e mozas inscritos para a presente edición. Na xornada deste mércores puideron compartir uns momentos co rexedor local, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés.

Villares puxo en valor a iniciativa que ano tras ano está a ter unha gran acollida e que “contribúe a dotar aos participantes da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

O temario do curso inclúe actividades de manualidades, globoflexia, todo tipo de xogos, baile, e formación relativa á planificación de diferentes iniciativas de tempo libre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here