40 fotografías para 40 textos de Carlos Casares

Cervo acolle unha exposición que ilustra fragmentos literarios do autor.

Exposición 'Os Camiños de Carlos Casares' de Xurxo Lobato en Mondoñedo

O pasado martes 30 foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.

A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.

No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edis de Cultura e Medioambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here