Máis de 120 menores participaron no programa Cervo Concilia durante este verán

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, acompañaron aos rapaces na gran festa final que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura.


O Concello de Cervo clausurou unha nova edición do programa Cervo Concilia, que se desenvolveu ao longo do verán ata o inicio do novo curso escolar, no que participaron máis de 125 nenos e nenas.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, acompañaron aos rapaces na gran festa final que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura.

O programa Cervo Concilia, que é xa un clásico do verán cervense, está dirixido aos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como teatro, ioga, paddle surf, kaiak e rutas de sendeirismo.

Tal e como precisou Villares “o obxectivo principal deste programa é o de facilitarlle a conciliación familiar a todos os pais e nais durante unha época tan complicada como o verán; redobramos esforzos e conseguimos o obxectivo de poder ofertar o servizo ao 100% das familias cervenses que quixeron participar”.

Pola súa banda, Caramés, quixo agradecer ao equipo humano formado por 10 monitores e 6 voluntarios a súa entrega e dedicación durante estes meses “realizando un traballo impecable cos nenos que aprenderon, desfrutaron e compartiron momentos inesquecibles entre amigos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here